| |
Descúbrenos... |
No corazón da Ribeira Sacra, atópase a CASA DAS XACIAS, que conta cunha encantadora lenda popular digna de coñecer con sabor a conto de fadas.
A CASA DAS XACIAS restaurouse cun agarimo e un coidado especial, e agora é un orgullo poder ofrecérllela para que poidan disfrutar dela e do seu contorno privilexiado.
|
Habitacións |
|
A casa dispón de 6 habitacións (3 dobres e 3 de matrimonio) todas con baño e televisión.
As habitacións sorprenden pola variedade formal e estilística. Os baños son cómodos e ledos e a calor esta garantida. A decoración é sinxela ao tempo que elegante. Todas as habitacións son EXTERIORES polo que a luz axuda a percibir mellor os detalles. O maior problema que terá será onde durmir, xa que cada unha mostra a súa personalidade diferente.
Ofrecemos ademais 3 camas supletorias para nenos de ata 12 anos. |
|
| Zonas comúns |
 |
Destaca do interior da casa o amplo salón, é o espazo máxico por excelencia. Se se acende a cheminea, desprende unha calor natural que emborracha os sentidos e convida a lembrar historias de xacias, lobos, meigas, trasnos e diaños...
O salón está ubicado no antigo palleiro da casa. Dispón de biblioteca, televisión, vídeo, DVD, colección de películas de adultos e infantís, xogos de mesa, de enxeño e populares.
As paredes do comedor ofrecen unhas vistas excepcionais da RIBERIA SACRA: unha exposición fotográfica móstranos a grande beleza do contorno.
O vestíbulo era o antigo curral cun corredor de madeira. Servía de acollida ao gando e gardaba os apeiros de labranza coma o carro. Conserva a estructura tradicional, un amplo espazo que daba paso ás cortes dos animais e á propia vivenda. Unha das paredes amósanos un maxestuoso cadro de Correa Corredoira. O chan, tradicionalmente de palla ou herba, substituíuse por lousas de pizarra.
No exterior, a casa dispón dun alpendre cuberto con grella e unha ampla leira con horta e mobles de xardín onde pasar un agradable anaco tranquilo disfrutando da marabillosa paisaxe. |
 |
|
| A Cociña e os servizos da Casa |
A cociña da casa está completamente equipada para que se sinta coma na casa: lavalouzas, microondas, torradora, cafeteira, forno, neveira, conxelador, lavadora, tendal e ferro.
No comedor temos vaixela de Sargadelos, cubertería, copas, mantelería e música para ambientar as comidas. As camas das habitacións cóbrense con sabas de algodón en colchas de liño. No servizo da casa inclúense sabas e toallas limpas durante a súa estancia.
A casa dispón de calefacción e leña á súa disposición para a cheminea ou a grella e productos da horta en temporada.
No vestíbulo hai un punto de información turística de Galicia con mapas, restaurantes, actividades e rutas de sendeirismo entre outros.
Tamén ten á súa dispoisición un teléfono público, aínda que, aseguramos, será o que menos lle apeteza usar... |
 |
|
|