spacer spacer spacer spacer spacer spacer
Casa das Xacias spacer
A casa Onde estamos O contorno Tarifas Reservas spacer
 actualización

O Contorno
  Patrimonio
          histórico
  Patrimonio
          natural

Casa de aldea
 
Fotos
Enlaces Enlaces
Suplementos Suplementos e Promocións Especiais Suplementos e Promocións Especiais
 
É-lo noso
visitante nº:
000000
 
Choose lenguage
Elixir idioma
Elegir idioma
Fotos

 

O Contorno
Patrimonio histórico Artísitico
Tumbas de Fornas
Tumbas antropoides de Fornas
Castro Candad
Castro Candad
O municipio de Chantada está inzado de importantes monumentos histórico-artísticos, vestixios pre-históricos como as tumbas antropomorfas de Fornas ou os numerosos restos castrexos dentro dos que se poden destacar os Castros de San Sebastián, Quintela, o Castro de Vilaseco, o de Líncora onde se encontran tamén restos de sepulturas antropoides, o Castro de Pumar, o de Paderne, os Castros de Nogueira, Airoá, Pacio, Vilauxe, Cabreiros, Fornas , a Pedra da Escrita en A Sariña e o Castro Candad mergullado polo embalse de Belesar e só visible cando o nivel deste o permite.


Chantada ten así mesmo abundantes pazos e antigas casonas entre as que podemos citar a de Basán Grande do século XVIII e a Casa de Lemos, hoxe convertida en Casa da Cultura; tamén son destacables as ruínas da torre-casa señorial de Vilar de Eiriz en San Xián de Mato, o pazo de estilo barroco de Miraelfe, o de Pena Chá en Nogueira do s. XVIII, o de Perrelos do s. XVII,etc. Dentro da arquitectura militar atopámonos coa Torre de Arcos parte dun antigo castelo derrubado na Revolta dos Irmandiños no século XV.



Esq.:
Casa de Lemos


Dta.:
Torre de Arcos
Casa de Lemos
Torre de Arcos
arriba   
volver arriba
S. Vicente de Agrade
Igrexa de S. Vicente de Agrade
Sta. de Mª de Bermún
Igrexa de Sta. Mª de Bermún
Pero a súa verdadeira riqueza artística atopámola nas abundantes igrexas románicas que posúe o concello entre as que destacan a de Sta. Baia de Adá, S. Vicente de Agrade, Sta. Mª de Arcos, San Vicente de Argozón (reformada no s. XVIII), San Fiz de Asma, S. Salvador de Asma con restos das dependencias monasteriais de estilo románico, Sta. Mª de Bermún cunha ben conservada porta principal románica, S. Salvador de Brigos que conserva a inscrición da súa consagración en 1228, Sta. Mª de Camporramiro, a súa igrexa erguese no lugar da famosa batalla do mesmo nome, San Cristovo de Fornas que ademais conserva restos de pinturas murais na ábsida, datadas nos séculos XVI-XVII, San Miguel do Monte do século XII e con pinturas do século XV, así como laudas sepulcrais no adro que parecen provir de sepulturas prerrománicas, Sta. Mª de Nogueira románica pero coa fachada barroca.

   A Igrexa de Sta. Mª de Pesqueiras, está declarada Monumento Histórico Nacional dende 1950, é monasterial e de interese único. A súa contrucción abrangue a segunda metade do século XII e os comezos do XIII, consta dunha nave rectangular con ábsida semicircular e é o que se conserva do antigo monasterio de monxas benedictinas, no interior, varias pinturas murais do século XVI percorren a cabeceira con imaxes da Anunciación, Resurrección e o Xuízo final, posuía tamén unha pía de auga bendita, na actualidade desaparecida. A porta lateral está coroada por un tímpano con arquivoltas e capiteis ornamentados. Da casa monasterial que poboaron as monxas benedictinas hoxe xa só quedan restos. No lugar de Soilán hai unha pequena capela actualmente restaurada que ardeu no verán do 2000? destruíndo un retablo neoclásico do XVII e a imaxe románica da Virxe co neno datada nos primeiros anos do século XIII que orixinalmente se atopaba na igrexa de Sta. Mª de Pesqueiras.
arriba   
volver arriba
Sta. Mª de Pesqueiras
Fachada da Igrexa de Sta. Mª de Pesqueiras
Pinturas Murais
Pinturas murais do S. XVI.
Sta. Mª de Pesqueiras
Tímpano con arquivoltas
Tímpano con arquivoltas na porta sur da Igrexa de Sta. Mª de Pesqueiras
Pinturas Murais
Pinturas Murais do S. XVI.
Sta. Mª de Pesqueiras
Esq.:
Virxe co neno,
s. XIII.


Dta.:
Pía de auga
bendita,
s.XIII.

Ambas obras desaparecidas
na actualidade
Virxe co neno  Pía de auga bendita

   Santiago de Requeixo coa ábsida e parte dos muros da nave tamén é de estilo románico, as pinturas murais do presbiterio son posteriores. Por último, Sta. Cruz de Viana románica de orixe pero reformada no s. XVIII.

    Outros templos de interés son a Ermida da Nosa Señora do Faro do século XVII onde se realiza a famosa romaría. No apartado da arquitectura popular destacan los pombais como os do pazo de Suatorre, o de Beba, o de Pedrafita, os de Sabadelle, o de Gordón... ou os Petos de Ánimas como o de Centulle ou o de Mato

Ermida da Nosa Señora do Faro
Ermida da Nosa Señora do Faro
Peto de Ánimas
Peto de Ánimas de Centulle
arriba  
Patrimonio Natural

Souto do entorno de Pesqueiras

Muras na Ribeira
A vexetación é o fiel reflexo da Galicia interior: fentos, toxos, xestas,castiñeiros
carballos...
Os eidos deleitan ós visitantes coas súas colleitas: patacas, millo, pastos para o gando...
As árbores bríndannos exquisitos froitos.
Nas hortas cultívanse as verduras que apadriñan un bo caldo.
   É a Casa das Xacias unha nena mimada polo entorno natural. Arrólana a Serra do Faro e o Río Miño. Dun lado do berce cántalle un val de pradeiras, do outro aloumíñana frondosas carballeiras con fauna autóctona: esquíos, raposos, paxaros chiando en completa harmonía, centenarios soutos e ribeiras enmuradas coas típicas adegas.
   O aire que se respira descoñece o termo contaminación. Os olores confúndense coainfancia.
   As vistas ó río lembran ós grandes Canóns. En definitiva, a paisaxe é digna de ser vivida e sentida.




Penedo do Graullo
Illa de Sernande

Peneda de Erosa


Fervenza de Auga Caída

Pobo de Belesar
E xa na comarca de Chantada, a escasos quilómetros da casa das Xacias podemos visitar o Penedo do Graullo. Semella prolongarnos ata o ceo ou botársenos enriba cando alcanzamos coa vista o seu cume. Non menos sorprendente é a Peneda de Erosa. Curiosa formación xeolóxica que parece desafiar á lei da grávidade e que deu pé a un sinfín de lendas.

No medio do río saúdanos a Illa de Sernande revertendo de vexetación. Hai Fervenzas espectaculares que destacan non só pola altura senón pola ubicación: a natureza personificada, é o caso da fermosa Fervenza de Auga Caída.

Un recanto idílico é o pobo de Belesar, casas de planta baixa bañadas polo río, cunha rexa ponte de acceso. Os pescadores vixían as súas barcas e se o tempo o permite tentarase a sorte. Trátase do lugar máis pintoresco da zona.
Para os amantes das vistas impresionantes e da tecnoloxía temos o Encoro de Belesar onde o Río Miño dorme repousadamente.

   É por último obrigatorio percorrer a dureza e fermosura da RIBEIRA SACRA LUCENSE avistar os sucalcos ateigados de cepas e desgustar os seus exquisitos mencias.



arriba   
volver arriba
PANORÁMICAS DA RIBEIRA SACRA
RIBEIRA SACRA
RIBEIRA SACRA
RIBEIRA SACRA RIBEIRA SACRA
RIBEIRA SACRA
Fermosas vistas da Ribeira Sacra
RIBEIRA SACRA
A
RIBEIRA SACRA

RIBEIRA SACRA

RIBEIRA SACRA
Pobo de Belesar
RIBEIRA SACRA
Pobo de Belesar
arriba 
volver arriba
Galería de fotos
:: Airoá 3, Pesqueiras :: 27516 Chantada :: Tel. 616 81 76 42 ::
:: Fax. 982 44 12 80 ::  mail ::
Lugosur Fegatur Turgalicia Calidad Turística
:: a casa :: onde estamos :: o contorno :: tarifas :: reservas :: enlaces ::
novodesenho 
volver arriba