No corazón da Ribeira Sacra,
atópase a CASA DAS XACIAS, que conta cunha encantadora lenda popular digna de coñecer con sabor a conto de fadas. A CASA DAS XACIAS restaurouse cun agarimo e un coidado especial, e agora é un orgullo poder ofrecérllela para que poidan disfrutar dela e do seu contorno privilexiado.
.: AS HABITACIÓNS :.
A casa dispón de 6 habitacións
(3 dobres e 3 de matrimonio) todas con baño e televisión.
As habitacións sorprenden pola
variedade tanto formal coma estilística.
Os baños son cómodos e ledos.
A calor esta garantida.
A decoración é sinxela e ó mesmo
tempo elegante. Todas elas son
EXTERIORES polo que a luz axuda a percibir mellor os detalles. Cada unha mostra a súa personalidade de tal xeito que non é doado escoller onde durmir.
Ademais ofrecemos 3 camas
supletorias para nenos de ata
12 anos e un berce a disposición
do cliente. Solicítea ó facer a reserva.
.: ZONAS COMÚNS:.
Destaca do interior da casa un amplo salón, é o espazo máxico por excelencia. Se se acende a cheminea, desprende unha calor natural que emborracha os sentidos e convida a lembrar historias de xacias, lobos, meigas, demos e trasnos.
O salón está ubicado no antigo pallar da casa. Dispón de biblioteca, televisión, vídeo, DVD, colección de películas de adultos e infantís, xogos de mesa, de enxeño e populares. As paredes do comedor ofrecen unhas excepcionais vistas da RIBERIA SACRA, unha exposición fotográfica móstranos a grande beleza do contorno.
O vestíbulo era o antigo curral cun corredor de madeira. Servía de acollida ó gando e ós apeiros de labranza coma o carro. Conserva a estructura tradicional, un amplo espazo que daba paso ás cortes dos animais e á propia vivenda. Unha das paredes amósanos un colosal cadro de Correa Corredoira. O chan de palla ou herba substituíuse por lousas de pizarra.
No exterior, a casa dispón dun alpendre cuberto con grella e unha ampla leira con horta e mobles de xardín onde pasar un agradable anaco tranquilo disfrutando da marabillosa paisaxe.
.: A COCIÑA E OS SERVIZOS DA CASA :.
A cociña da casa está completa-mente equipada para que se sinta coma na casa: lavalouza, microondas, torradora, cafeteira, forno, neveira, conxelador, lavadora, tendal e ferro.
No comedor temos vaixela de Sargadelos, cubertería, copas, mantelería e música para ambientar as comidas.
As camas das habitacións cúbrense con sabas de algodón en colchas de liño.No servizo da casa inclúense sabas e toallas limpas durante a súa estancia.A casa dispón de calefacción e leña á súa disposición para a cheminea ou a grella e productos da horta en temporada.No vestíbulo hai un punto de información turísticade Galicia con mapas, restaurantes, actividades e rutas de sendeirismo entre outros.
Teléfono público.